Biografía Karballo

QUE É O LARGO PARA MIN?

En primeiro lugar… un colega íntimo amigo dende fai corenta anos e dende algúns menos incluso viciño da comarca dos Chaos de Amoeiro (de Boveda il de Tamallancos eu, nucleos lindantes) onde ambos dicidimos un día vivir e traballar rodeados de natureza.

En segúndo lugar, Largo (sempre pra min unido ó nome da igualmente amiga Marga, a compañeira da sua vida), foi e sigue sendo, porque vive no meu corazón e na miña mente, como estóu seguro que vivirá na de todas as persoas que tivemos a pracer de o tratar, un artista que desfrutóu con naturalidade e sinxeleza da súa arte que afrontaba con profesionalidade sinceira e honesta, sen caer en tolear por éxitos e trunfos, algo que me parece moi meritorio, tendo en conta tanta adicción a competir e a desvariar de ansias de trunfo persoal, a miudo perigosas, en que anda atuada ista humanide actual. E fora xa do tema profesional como pintor, o que valoréi inmensamente sempre do Largo, foi ver a constancia na súa vida de un esmero e delicadeza enormes de non amargar nunca con naida, nin sequera con tristuras ou desgustos que poidese ter nos seu adentros, senon todó contrario, cualquer encontro con alguén, e moi especialmente cando estaba coas que eramos as suas amizades de tertulia tomándo algo óu en cualquer tipo de parranda, ás que, hai que recoñecer, erámos bastante aficionados. E cousas doorosas tamén posibleblente apañou nos últimos tempos, antes mesmo do que foi o propio descubrimento da sua grave enfermedade, que amin non hai quen me quite da cabeza que estas cousas a miudo acaban sendo moi perxudiciáis prá saude.

E se sempre valorara enormemente tales cualidades profesionáis e humanas do Largo, o que xa me deijou totalmênte admirado foi como soubo levar a sua doenza deica o final cunha dignidade impresionante, sen perder ise bon humor e esmero de non entristecer a niguén xamáis, senon todó contrario. Pois isto de saber morrer así, é algo que cada vez me parece máis grandioso nun-a persoa.

Por dodas istas cousas, só quero rematar manifestando: Que pra min o Largo (Torres Pato) fói… e sigue sendo, un gran ARTISTA, no máis amplo, profundo e transcendental senso do termo. Un tipo que se merece un apláuso enorme cada vez que o mencionemos. Así o lembro eu, especialménte niste tempo de outono que non para de mo evocar.

Carrito de compra